En
colaboración coa mestra de música, durante esta semana organizamos diversas
actuacións en horario lectivo e en horario de tarde.
En
horario lectivo, alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria que asiste de
xeito extraescolar a clases de música e de forma voluntaria, achegaron os seus
instrumentos musicais tanto ás aulas de infantil coma de primaria e
interpretaron diversas pezas musicais.
En
horario de tarde o alumnado veu tocar á Curuteca con algunha persoa invitada,
polo que puidemos desfrutar de dúas actuacións chulísimas: por un lado gozamos
cunha parella de violín e clarinete; e por outro lado, unha parella de
cantantes acompañadas dunha guitarra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario