Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de maio de 2022

Booktrailers 2022: recopilatorio

Apetécevos volver a ver todos os booktrailers? Ou preferides ver só algúns deles? Pois o que desexedes tédelo aquí todo xuntiño!! Preparámosvos este recopilatorio con todos!!



mércores, 4 de maio de 2022

Booktrailer "Animalia"

Hoxe presentámosvos a última recomendación lectora desta "Semana do libro" a cargo da clase de 2º de Educación Primaria. O libro escollido foi "Animalia", de Xosé Tomás. Os seus libros de banda deseñada están cheíños de humor e retranca. Ídelos desfrutar!!

martes, 3 de maio de 2022

Booktrailer "El diario de Greg"

A clase de 5º de Educación Primaria recoméndanos "El diario de Greg", de Jeff Kinney. Atentas e atentos ao booktrailer que prepararon!!

luns, 2 de maio de 2022

Booktrailer "Cuentos en verso para niños perversos"

O alumnado de 6º de Educación Primaria recoméndanos a través deste booktrailer o libro "Cuentos en verso para niños perversos", de Roald Dahl. Un conto moi divertido e moito máis despois de ver a esta clase en plena acción!!

mércores, 27 de abril de 2022

Booktrailer "Carapuchiña vermella"

O booktrailer de hoxe é dun conto que ben coñecemos: "Carapuchiña vermella", de Charles Perrault. Vede que cousa tan chula fixo o alumnado de 1º de Educación Primaria.



martes, 26 de abril de 2022

Booktrailer "Por cuatro esquinitas de nada"

O alumnado de 3 anos tráenos "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Ruillier. Mirade que booktrailer tan divertido para animarnos a que leamos esta historia de diversidade e aceptación. Un libro precioso para todas as idades!!

luns, 25 de abril de 2022

Booktrailer "Hooray for fish"

Comezamos esta segunda semana do libro cunha nova recomendación. A clase de 6º de Educación Primaria fixo este booktrailer tan divertido do libro "Hooray for fish" de Lucy Cousins. Despois de velo, canto tardaredes en vir emprestalo? ;)


venres, 22 de abril de 2022

Booktrailer "A cebra Camila"

Novo booktrailer dispoñible!! A clase de 5 anos preséntanos unha recomendación lectora chulísima, con tan só ver o vídeo xa entran ganas de devorar o libro enteiro!!
Aquí tedes a "A cebra Camila" de Marisa Núñez e Óscar Vilán.


xoves, 21 de abril de 2022

Booktrailer "La vuelta al mundo en 80 días"

O booktrailer de hoxe vén da man da clase de 3º de Educación Primaria, que nos recomenda "La vuelta al mundo en 80 días" de Julio Verne. 

Coñecedes a historia pero nunca lestes o libro? Despois de ver este vídeo entraranvos ganas de vir emprestalo á Curuteca ;)


mércores, 20 de abril de 2022

Booktrailer "Zoóptica"

A clase de 4º de Educación Primaria preséntanos un booktrailer sobre un libro de zooloxía, presente na categoría de temáticas da Curuteca. Un libro diferente e orixinal titulado "Zoóptica" de Guillaume Duprat.
Ollade a de cousas interesantes que nos adiantan deste libro.


martes, 19 de abril de 2022

Booktrailer "¡Oh! Un libro con sonidos"

Estamos en plena "Semana do libro" e comezamos forte. Este ano o alumnado do cole preparou unhas recomendacións lectoras chulísimas. 
Inaugura estas propostas a clase de 4 anos co booktrailer de "¡Oh! Un libro con sonidos" de Hervé Tullet. Animádesvos a lelo?