Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de febreiro de 2023

Día escolar da non violencia e da paz (30 de xaneiro)

Este curso, para conmemorar o "Día escolar da non violencia e da paz", partimos do conto "O segredo de Flora".

A partir da reflexión sobre a xestión da frustración e o autocontrol, escribimos e debuxamos en papel plantable condutas que nós mesmos levamos a cabo e das que somos conscientes que non debemos facer. 

                           



Enterramos estes comportamentos en macetas biodegradables e adquirimos o noso compromiso de modificar eses actos por outros baseados no respecto.


No propio día, cada clase manifestou os seus compromisos e a súa intención de levalos a cabo. 




 

Para finalizar este acto, todo o alumnado do colexio cantou a canción de Flora acompañado da interpretación instrumental de Sabela e Vega ao piano; Manu, na percusión; Noa, co saxofón; María, co clarinete; e Leyre, ao violín.

Nun recanto da entrada do colexio, atoperedes este espazo tan máxico cunha gran margarida no que, de xeito voluntario e libre, podemos plasmar (debuxando, escribindo...) un bo acto que fagamos ou do que sexamos parte. 

Non se trata de comprometerse por un día, a paz facémola día tras día e con todas as persoas que nos rodean.





 

luns, 24 de outubro de 2022

Benvida ao curso escolar 2022-2023

O xoves 8 de setembro comezamos o cole coñecendo que iamos ter unha visita moi especial ao día seguinte. Era un misterio, pero nós preparámonos para o que podería vir e creamos uns chapeus azuis para estar listas e listos.


Por fin tivemos a resposta!! Nada máis nin nada menos que Paco Nogueiras visitou o noso cole!! 

Pasámolo requetebén, bailando e cantando sen parar. Paco, desexamos que volvas!!




martes, 21 de abril de 2020

Día da Paz (30 de xaneiro)



            Para este día, o colexio enteiro creou o mural “Un mar de paz”. O alumnado elaborou unha mensaxe persoal respondendo que era a paz para elas e eles mesmos e as pegaron nas botellas.
            Ademais, no propio día recibimos a visita da escola de educación infantil O CON para facer unha xornada de convivencia. Colocaron as súas botellas con mensaxe e tras facer unha merendola co alumnado de infantil todos xuntos cantamos a canción “Baile da paz” do libro “A bruxa discordia. Cancións para a paz”, de Mamá Cabra e Carmen Gil.