mércores, 1 de febreiro de 2023

Día escolar da non violencia e da paz (30 de xaneiro)

Este curso, para conmemorar o "Día escolar da non violencia e da paz", partimos do conto "O segredo de Flora".

A partir da reflexión sobre a xestión da frustración e o autocontrol, escribimos e debuxamos en papel plantable condutas que nós mesmos levamos a cabo e das que somos conscientes que non debemos facer. 

                           



Enterramos estes comportamentos en macetas biodegradables e adquirimos o noso compromiso de modificar eses actos por outros baseados no respecto.


No propio día, cada clase manifestou os seus compromisos e a súa intención de levalos a cabo. 




 

Para finalizar este acto, todo o alumnado do colexio cantou a canción de Flora acompañado da interpretación instrumental de Sabela e Vega ao piano; Manu, na percusión; Noa, co saxofón; María, co clarinete; e Leyre, ao violín.

Nun recanto da entrada do colexio, atoperedes este espazo tan máxico cunha gran margarida no que, de xeito voluntario e libre, podemos plasmar (debuxando, escribindo...) un bo acto que fagamos ou do que sexamos parte. 

Non se trata de comprometerse por un día, a paz facémola día tras día e con todas as persoas que nos rodean.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario