Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de maio de 2023

Semana do libro. Literatura e cine.

Hai uns días contámosvos que a curuxa pasou polas clases traendo un súper xogo. Durante os días previos, cada clase preparou unha escena na que representaba unha parte dun conto, e claro, como estamos traballando o cine decidimos que gravala era a mellor opción.

Pois aquí tedes a oportunidade de xogar!! Animádesvos?

Preme na primeira imaxe para xogar ao xogo de educación infantil, preme na segunda para xogar ao de educación primaria.



sábado, 29 de abril de 2023

Semana do libro. Día 5: xogo e contacontos

E como colofón a esta marabillosa semana, a Curuxa apareceu polas clases e con ela trouxo un súper xogo no que o alumnado tiña que adiviñar o conto proposto.

Pasámolo incriblemente ben!!

Ademais, como remate final dos contacontos, a clase de 1º EP recibiu a visita de Mónica. Moitas grazas por vir!!







xoves, 27 de abril de 2023

Semana do libro. Día 4: contacontos

Neste terceiro día de contacontos agradecemos a visita e o tempo de Jose, de Ángela, de Belén e de Rebeca.

Só dicirvos que nos encanta que veñades ao cole e que teñades tantas ganas de participar!! Mil grazas por formar parte!!

 





  


Semana do libro. Día 3: contacontos

Hoxe gozamos dun segundo día de contacontos e tivemos o día cheíño!! 

Sentímonos moi ledas e ledos de poder tervos estes días polo colexio.

Mil grazas Marta, Tania, Carlos, Clara e Roberto polo voso tempo e compartir as vosas historias cun público entregado.










martes, 25 de abril de 2023

Semana do libro. Día 2: contacontos

Hoxe, neste segundo día, comezamos os contacontos na Curuteca por parte das familias. 

Tiñamos moitas ganas de que viñerades ao cole a pasar un ratiño connosco. 

Moitas grazas a Alexandra, Luisa e Tamara por ser partícipes desta semana tan especial e que tanto gozamos.


 

 

  


 
 

luns, 24 de abril de 2023

Semana do libro. Día 1: apadriñamento lector

Esta é unha semana moi especial cheíña de actividades diversas que estamos desexando compartir convosco.

Hoxe comezamos cun apadriñamento lector entre todo o alumnado. Foi un momento precioso no que compartimos libros, compañía e sorrisos.

Aquí vos mostramos un pouquiño do que vivimos.