Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de maio de 2023

Entrevista a Paula Suárez

O pasado venres 19 de maio tivemos a visita de Paula Suárez, pedagoga e autora do libro “O mundo de cores de Roque e Lía”. Con ela descubrimos un mundo cheo de cores no que apreciar o valor das diferentes formas de ser e estar no mundo. 

Ademais, tivemos a sorte de poder compartir un ratiño máis con ela e entrevistala para que nos contase que hai detrás dun proceso creativo como o de contar historias que emocionan e facer un breve percorrido pola súa traxectoria profesional.

Aquí podedes ver a entrevista.

sábado, 29 de abril de 2023

Semana do libro. Día 5: xogo e contacontos

E como colofón a esta marabillosa semana, a Curuxa apareceu polas clases e con ela trouxo un súper xogo no que o alumnado tiña que adiviñar o conto proposto.

Pasámolo incriblemente ben!!

Ademais, como remate final dos contacontos, a clase de 1º EP recibiu a visita de Mónica. Moitas grazas por vir!!







xoves, 27 de abril de 2023

Semana do libro. Día 4: contacontos

Neste terceiro día de contacontos agradecemos a visita e o tempo de Jose, de Ángela, de Belén e de Rebeca.

Só dicirvos que nos encanta que veñades ao cole e que teñades tantas ganas de participar!! Mil grazas por formar parte!!

 





  


Semana do libro. Día 3: contacontos

Hoxe gozamos dun segundo día de contacontos e tivemos o día cheíño!! 

Sentímonos moi ledas e ledos de poder tervos estes días polo colexio.

Mil grazas Marta, Tania, Carlos, Clara e Roberto polo voso tempo e compartir as vosas historias cun público entregado.










martes, 25 de abril de 2023

Semana do libro. Día 2: contacontos

Hoxe, neste segundo día, comezamos os contacontos na Curuteca por parte das familias. 

Tiñamos moitas ganas de que viñerades ao cole a pasar un ratiño connosco. 

Moitas grazas a Alexandra, Luisa e Tamara por ser partícipes desta semana tan especial e que tanto gozamos.


 

 

  


 
 

xoves, 16 de marzo de 2023

Visita de Anxo Moure

No día de onte, Anxo Moure visitou o noso centro e todo o alumnado puido coñecelo. 

Neste tempo que puidemos pasar con el, gozamos das súas historias e dos seus contos; envolvéndonos coa súa dialéctica e como a natureza impregna a nosa vida.

Ademais, saíu con nós a camiñar e facer a nosa milla diaria 🌳🌰🍄🌻🍃




 

  

  

 

luns, 27 de abril de 2020

Contos en feminino (14 e 15 de marzo)


            Polo “Día internacional da muller” varias familias ofrecéronse voluntarias para destacar a figura de diversas mulleres e o seu empoderamento na sociedade a través de contos ou historias.
            Cada familia elixiu a historia que querían contar, e puidemos gozar do conto “Cincenta e as zapatillas peludas”, a biografía e Jane Goodall e coa historia de loita de Clara Campoamor.