"Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas."
Fran Alonso
mércores, 3 de maio de 2023
Semana do libro. Literatura e cine.
sábado, 29 de abril de 2023
Semana do libro. Día 5: xogo e contacontos
martes, 14 de marzo de 2023
Día Internacional da Muller (8 de marzo)
Como cada "Día Internacional da Muller", no cole unificamos esta conmemoración co proxecto que levamos a cabo, neste caso, a arte.
Nunha primeira toma de contacto, cada alumna e alumno aportou unha obra artística que fose un referente no seu ámbito. Coas suxerencias do alumnado, analizáronse en cada aula estas propostas dende unha perspectiva de xénero, escollendo unha das creadas por unha muller e afondando sobre ela.
O produto final de cada clase foi a recreación dunha obra da autora traballada para, nun evento conxunto, proceder á inauguración da exposición fotográfica.
mércores, 1 de febreiro de 2023
Día escolar da non violencia e da paz (30 de xaneiro)
Este curso, para conmemorar o "Día escolar da non violencia e da paz", partimos do conto "O segredo de Flora".
A partir da reflexión sobre a xestión da frustración e o autocontrol, escribimos e debuxamos en papel plantable condutas que nós mesmos levamos a cabo e das que somos conscientes que non debemos facer.
Enterramos estes comportamentos en macetas biodegradables e adquirimos o noso compromiso de modificar eses actos por outros baseados no respecto.
No propio día, cada clase manifestou os seus compromisos e a súa intención de levalos a cabo.
Para finalizar este acto, todo o alumnado do colexio cantou a canción de Flora acompañado da interpretación instrumental de Sabela e Vega ao piano; Manu, na percusión; Noa, co saxofón; María, co clarinete; e Leyre, ao violín.
Nun recanto da entrada do colexio, atoperedes este espazo tan máxico cunha gran margarida no que, de xeito voluntario e libre, podemos plasmar (debuxando, escribindo...) un bo acto que fagamos ou do que sexamos parte.
Non se trata de comprometerse por un día, a paz facémola día tras día e con todas as persoas que nos rodean.



























