Amosando publicacións coa etiqueta 8-M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8-M. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller (8 de marzo)

Como cada "Día Internacional da Muller", no cole unificamos esta conmemoración co proxecto que levamos a cabo, neste caso, a arte.

Nunha primeira toma de contacto, cada alumna e alumno aportou unha obra artística que fose un referente no seu ámbito. Coas suxerencias do alumnado, analizáronse en cada aula estas propostas dende unha perspectiva de xénero, escollendo unha das creadas por unha muller e afondando sobre ela.

O produto final de cada clase foi a recreación dunha obra da autora traballada para, nun evento conxunto, proceder á inauguración da exposición fotográfica. 



 



 

 





 

 

luns, 27 de abril de 2020

Contos en feminino (14 e 15 de marzo)


            Polo “Día internacional da muller” varias familias ofrecéronse voluntarias para destacar a figura de diversas mulleres e o seu empoderamento na sociedade a través de contos ou historias.
            Cada familia elixiu a historia que querían contar, e puidemos gozar do conto “Cincenta e as zapatillas peludas”, a biografía e Jane Goodall e coa historia de loita de Clara Campoamor.