Cal é a parte máis dura do noso corpo? Os ósos? A cabeza? Os pés? Cóntanolo o alumnado de 3º de EP!!
"Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas."
Fran Alonso
Cal é a parte máis dura do noso corpo? Os ósos? A cabeza? Os pés? Cóntanolo o alumnado de 3º de EP!!
Ollo a este dato! Sabiades que temos un órgano que non medra dende que nacemos? É o único órgano co que acontece isto. Se mirades o episodio 12 das Curuosaúdes, aprenderedes cal é. Pero antes de nada, botádelle unha pensada!!
No episodio 11 da segunda tempada das Curuosaúdes, o alumnado de 5º de EP fálanos sobre a doazón de sangue. Que cantidade de sangue do noso corpo doamos? Canto tarda a medula ósea en xerar o plasma? Canto tardamos en xerar todos os compoñentes do sangue? Atent@s, atent@s!!
Cal é o elemento que máis abunda no noso corpo? O alumnado de 1º de EP teno moi clariño e volo contan así de ben!!
Rematada xa a primeira tempada das Curuosaúdes e visto o éxito obtido, xa renovamos para a segunda!! Mañá poderedes ver un novo episodio!!
Aquí
tedes unha infografía da primeira tempada das Curuosaúdes na que se recollen
tooooodos os episodios!!
Se pulsades nos
debuxos, poderedes ver os vídeos!! Lembrade que as curuosaúdes 8 e 9 teñen un
xogo. Pulsade no enlace: https://view.genial.ly/60170a16dafa320d8b9141dc/interactive-content-curuosaudes-tempada-1
Descansar é tan, pero tan importante? As nenas e nenos de 3 anos téñeno clarísimo!! E vós?
Comezamos este ano cunha curuosaúde moi intrigante!! Algunha vez vos preguntarades isto? E canto durarán?
E pechamos este primeiro trimestre coa curuosaúde do alumnado de 4º de Educación Primaria. De que nos vai falar? Pois explícanos que é a diabetes. E vós, sabedes o que é?
Nova ración semanal de curuosaúde!! O alumnado de 5º de Educación Infantil (clase de 4 anos) está traballando as emocións e aproveitan para falarnos na súa curuosaúde sobre as neuronas espello.
E
de que vai a curuosaúde que vos ensinamos hoxe? De cores? Pois non exactamente,
do efecto óptico que distintos elementos causan en nós. Ollade o que nos conta o alumnado de 3º de Educación
Primaria!
Dende a clase de 5º de Educación Primaria tráennos unha curuosaúde do máis “curuosa”. Collede o voso dedo polgar e comezade a medir o voso corpo!!
O alumnado de 5 anos está traballando o esqueleto humano e cóntanos un dato sorprendente! Sabedes cantos ósos teñen as persoas adultas? E cantos teñen as nenas e nenos? Quen terá máis?
A curuosaúde desta semana foi elaborada polo alumnado de 6º de Primaria. Aquí a tedes!!
Lembrade manter sempre uns hábitos saudables e comer froita cada día!!