Cal é o elemento que máis abunda no noso corpo? O alumnado de 1º de EP teno moi clariño e volo contan así de ben!!
"Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas."
Fran Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario