Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de novembro de 2020

Benvida a un novo curso escolar!

             Estabades desexando que chegase este momento tanto coma nós? Días antes de abrir a biblioteca, a curuxa visitou todas as clases e deixou uns agasallos para as bibliotecas de aula.


            Ademais, para volver entrar á Curuteca con total seguridade, a curuxiña preparou un vídeo no que repasa as medidas de hixiene que temos que cumprir e outro vídeo no que nos recordaba como estaba organizada.


             E por fin, o luns 26 de outubro abriuse a Curuteca!!

domingo, 25 de novembro de 2018

Día da Biblioteca (24 de outubro)


O 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Coincidindo no mes de apertura da biblioteca, todas as clases do colexio recibiron unha formación sobre o seu uso e a distribución dos libros.
Ademais, o luns 29 en horario de tarde realizamos tamén formación para o alumnado xunto coas familias, na cal propuxemos uns xogos para ver se estabades moi atentas e atentos. Fixéstelo moi ben!