O
equipo de dinamización da lingua galega en colaboración co de biblioteca,
organizamos un concurso de trabalinguas en galego para potenciar o uso da nosa
lingua. Durante os tres primeiros días da semana, cada aula seleccionou os dous
trabalinguas que máis lle gustaron e practicaron a dicción e a exposición oral.
A
lectura realizouse na entrada do colexio no tempo lector con todo o alumnado de
público, o xoves realizamos a primeira parte do concurso coas clases de
educación infantil e con 1º e 2º de EP e o venres foi a quenda dos restantes
grupos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario