mércores, 15 de abril de 2020

Día contra a violencia de xénero (23 de novembro)


            Durante esta semana traballamos o conto “A historia dos bonobos con lentes” de Adela Turin e Nella Bosnia, xunto con EDLG.
            A comezos da semana, provocamos a curiosidade no alumnado incluíndo carteis polo colexio con preguntas, sen deixar entrever de que se trataba.

 
            Traballamos o conto nas diversas clases e proporcionamos a cada alumna e alumno material para facer as súas propias lentes. Este material consistiu nunha cartolina branca para colorear e papel celofán azul e rosa, cores cun estereotipo moi forte, para que ao superpoñer ambas cores a mestura fose o violeta: a cor da igualdade, da non violencia; creando así unhas lentes para ver o mundo libre de violencia machista.
            E, para rematar, fomos mostrar a nosa creación ao concello!

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario