xoves, 1 de xuño de 2023

Protectora de Animais do Morrazo: entrevista e charla de concienciación no colexio

Esta foi unha semana moi especial, chea de emocións e de proxectos, enmarcada na realización do "IV Mercado solidario" para recaudar material para a Protectora de Animais do Morrazo. 

O martes, Lore e Sandra da Prote viñeron ao colexio a impartir unha charla de concienciación sobre ter un pelud@ na familia. Falaron da responsabilidade que implica a todos os niveis e da importancia de respectar a todos os seres vivos. Tamén nos contaron en que consiste o seu traballo e aprendimos que, ademais de precioso, é moi duro.

O xoves o alumnado curuaxudante visitou as instalacións e foi pasear algúns dos cans e cadelas que están alí e que aínda non foron adoptados. Despois do paseo, vimos as instalacións e puidemos gozar dun almorzo cunha banda sonora de ladridos :) Neste contexto, Vega e Leyre de 5º de Educación Primaria fixéronlles unha entrevista a Lore e a Clara preguntándolles algunhas das súas inquedanzas. Velaquí tedes a entrevista!!

Entrevista a Lore e Clara da Protectora de Animais do Morrazo


Fotos da visita de Lore e Sandra



   





 

Fotos da visita do alumnado curuaxudante ás instalacións da Protectora de Animais do Morrazo

 

 








Ningún comentario:

Publicar un comentario