Hoxe o alumnado de todo o colexio visualizou os trabalinguas e ditos populares aportados polas familias nun vídeo recopilatorio elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Intentade repetilos, non é nada doado!!
"Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas."
Fran Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario