Este
ano seguimos co concurso de adiviñas en galego. Durante os catro primeiros días
da semana, cada clase seleccionou as dúas adiviñas que máis lle gustaron e
practicaron a dicción e a exposición oral. O venres 10 de maio realizamos un
xogo con todas elas no que todo o alumnado tiña que adiviñalas!

"Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas."
Fran Alonso
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario