Este ano
celebramos o Samaín dun xeito moi especial na Curuteca. O Equipo de Dinamización
da Lingua Galega (EDLG) organizou unha semana de medo dentro da nosa biblioteca
os días 29, 30 e 31 de outubro.
Todos os
cursos gozaron de terroríficos contacontos e o último día visualizaron unhas curtametraxes arrepiantes!
Queremos
agradecer dende EDLG e Biblioteca ás seguintes nais pola colaboración activa
que realizan en actividades do centro, e neste caso, por vir a realizar os
contacontos: Isa, Susi, María, Paula, Sara e Clara.

Ningún comentario:
Publicar un comentario