Benvidas e benvidos a un novo
curso; benvidas a benvidos a unha nova etapa da Curuteca.
Queremos contarvos que despois de
todo o traballo realizado o ano pasado e de toda a colaboración das familias
nas distintas actividades, podemos dicir que este ano somos un centro PLAMBE.
Que é iso? Pois que formamos parte do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares
da Consellería de Educación, tendo vantaxes na realización doutros proxectos e
na formación do profesorado, recibindo ademais unha dotación económica enfocada
á mellora do noso espazo.
Todo lado bo trae consigo unha
responsabilidade e é que temos que seguir mantendo este nivel de traballo ao
longo dos cursos. Estamos convencidas e convencidos de que así poderá ser
contando con todas e todos vós. A vosa participación e implicación é
indispensable para que todo o traballo saia adiante e sexa satisfactorio.
Comezamos a viaxe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario