luns, 11 de novembro de 2024

Samaín na Curuteca

Os días de finais de outubro estiveron cheíños de propostas para desfrutar na biblioteca!


Creación de apócemas cos conxuros máis aterradores:

 


 

Creación dun mural colaborativo:

 


Creación de arañas:

 


Animástesvos a participar?



domingo, 13 de outubro de 2024

A Prehistoria: investigando

Este curso dedicámolo a "Unha viaxe no tempo" e a nosa primeira parada é a Prehistoria. Aquí tedes unha breve información sobre a mesma.


xoves, 3 de outubro de 2024

Apertura da Curuteca!

O 1 de outubro a curuxa abriu a Curuteca cunha actividade súper especial!!

Inicialmente, cada clase estivo traballando as distintas etapas na evolución do libro.

E despois, todo o cole estivo recreando diversos xeitos de presentación da escritura: táboas de arxila, papiros e tipos móbiles. Observade que ben o pasamos!!


E con isto, queda inaugurada a biblioteca!!

luns, 18 de setembro de 2023

A curuxa tamén comezou o cole!

Un novo curso comeza e, por suposto, a curuxa tamén está preparada e con moitas ganas de xogar. Durante a primeira semana de clase foi aparecéndose polas clases de 4º EP, 5º EP e 6º EP, sen dicir nada, creando un enigma. 

E vós, resolvéstelo? 


 



xoves, 8 de xuño de 2023

xoves, 1 de xuño de 2023

Protectora de Animais do Morrazo: entrevista e charla de concienciación no colexio

Esta foi unha semana moi especial, chea de emocións e de proxectos, enmarcada na realización do "IV Mercado solidario" para recaudar material para a Protectora de Animais do Morrazo. 

O martes, Lore e Sandra da Prote viñeron ao colexio a impartir unha charla de concienciación sobre ter un pelud@ na familia. Falaron da responsabilidade que implica a todos os niveis e da importancia de respectar a todos os seres vivos. Tamén nos contaron en que consiste o seu traballo e aprendimos que, ademais de precioso, é moi duro.

O xoves o alumnado curuaxudante visitou as instalacións e foi pasear algúns dos cans e cadelas que están alí e que aínda non foron adoptados. Despois do paseo, vimos as instalacións e puidemos gozar dun almorzo cunha banda sonora de ladridos :) Neste contexto, Vega e Leyre de 5º de Educación Primaria fixéronlles unha entrevista a Lore e a Clara preguntándolles algunhas das súas inquedanzas. Velaquí tedes a entrevista!!

Entrevista a Lore e Clara da Protectora de Animais do Morrazo


Fotos da visita de Lore e Sandra



   





 

Fotos da visita do alumnado curuaxudante ás instalacións da Protectora de Animais do Morrazo

 

 








martes, 23 de maio de 2023

Entrevista a Paula Suárez

O pasado venres 19 de maio tivemos a visita de Paula Suárez, pedagoga e autora do libro “O mundo de cores de Roque e Lía”. Con ela descubrimos un mundo cheo de cores no que apreciar o valor das diferentes formas de ser e estar no mundo. 

Ademais, tivemos a sorte de poder compartir un ratiño máis con ela e entrevistala para que nos contase que hai detrás dun proceso creativo como o de contar historias que emocionan e facer un breve percorrido pola súa traxectoria profesional.

Aquí podedes ver a entrevista.

mércores, 3 de maio de 2023

Semana do libro. Literatura e cine.

Hai uns días contámosvos que a curuxa pasou polas clases traendo un súper xogo. Durante os días previos, cada clase preparou unha escena na que representaba unha parte dun conto, e claro, como estamos traballando o cine decidimos que gravala era a mellor opción.

Pois aquí tedes a oportunidade de xogar!! Animádesvos?

Preme na primeira imaxe para xogar ao xogo de educación infantil, preme na segunda para xogar ao de educación primaria.



sábado, 29 de abril de 2023

Semana do libro. Día 5: xogo e contacontos

E como colofón a esta marabillosa semana, a Curuxa apareceu polas clases e con ela trouxo un súper xogo no que o alumnado tiña que adiviñar o conto proposto.

Pasámolo incriblemente ben!!

Ademais, como remate final dos contacontos, a clase de 1º EP recibiu a visita de Mónica. Moitas grazas por vir!!